Cadrados de Crochet


Por petición popular facemos un obradoiro INTENSIVO de cadrados de crochet.
O Crochet ou ganchillo é unha das técnicas manuais máis viciosas que coñecemos, engancha como os mellores xogos de atari. Con este curso intensivo de cadrados de crochet sairás de Polka Dots sabendo facer ganchillo e ademáis uns bonitos cadrados para decorar as paredes da túa casa, facer unha manta e un sinfín de aplicación que nunca imaxinarías.
Os materiais non están incluidos no prezo deste obradoiro terás que traer unha agulla de ganchillo e lás de cores (serven restos).
Será na bonita tenda Polka Dots, situada na rúa Fita nº4, entre as rúas do Orzán e a estreita de Santo Andrés.


CADRADOS DE CROCHET

Cando: mércores 24 e 31 de outubro
hora: de 11 a 13h
coñecementos previos: non son necesarios comenzaremos de 0
prezo: 25€
materiais: agulla de crochet (ganchillo) e lá
inscripcións: finalizado prazo de matrícula

No hay comentarios:

Publicar un comentario